Biblioteca do CMUS Santiago
  • Bitácora
  • Actividades
  • Contacto
  • Libro da semana
  • Grandes Autores
  • Para saber mais

estampación musical

21/5/2015

0 Comments

 
Picture
A todos nos resulta coñecido o invento da imprenta, por parte do alemán Gütenberg.

Nembargantes, algúns preguntámonos cal foi o procedemento historicamente usado para a estampación sistemática de partituras musicais.

A resposta é a litografía. Nesta técnica planográfica (sen incisións) inventada por Alois Senefelder a finais do século XVIII, dibúxanse os motivos sobre unha pedra caliza especialmente absorbente, empleando unha tinta gordurosa.

A continuación empléase unha esponxa impregnada en ácido nítrico e goma arábiga. A superfice cúbrese con tinta, que permanecerá soamente nas partes previamente pintadas. O resultado pasa a unha prensa litográfica.

Modernamente, a pedra sustituiuse por unha plancha especial de zinc.

Ademais da sua utilización na estampación de partituras, motivo orixinal da sua invención, o procedemento foi tamén utilizado por diferentes artistas para algunhas das suas obras pictóricas. Un exemplo notable foi Francisco de Goya.
0 Comments

o isbn: a referencia global 

9/4/2015

0 Comments

 
Co paso do tempo, e coa progresiva informatización do mundo, xurdeu a necesidade de codificar de xeito unívoco as publicacións
que anualmente saen das editoriais.

En 1965 o distribuidor inglés W. H. Smith comezou a diseñar un sistema de orde nos seus novos almacéns informatizados, que se coñeceu como SBN. Este modelo foi de aplicación a partir de 1967. A extensión ao resto do mundo deu lugar ao ISBN, que actualmente manexa mais de medio millón de editoriais de 218 países.

O ISBN consta das seguintes partes:


  • 2 ou 3 díxitos: País, ou grupo de paises con língua común: exemplo: España 84,
  • 3, 4 ou mais cifras: código da editorial (a maior volumen de títulos, código mais corto)
  • Un número non especificado de cifras: código do libro asignado pola editorial
  • Díxito de control: para detectar erros.

0 Comments

    Author

    Write something about yourself. No need to be fancy, just an overview.

    Archives

    Mayo 2015
    Abril 2015

    Categories

    Todo

    RSS Feed

Powered by Create your own unique website with customizable templates.