Biblioteca do CMUS Santiago
  • Bitácora
  • Actividades
  • Contacto
  • Libro da semana
  • Grandes Autores
  • Para saber mais

estampación musical

21/5/2015

0 Comments

 
Picture
A todos nos resulta coñecido o invento da imprenta, por parte do alemán Gütenberg.

Nembargantes, algúns preguntámonos cal foi o procedemento historicamente usado para a estampación sistemática de partituras musicais.

A resposta é a litografía. Nesta técnica planográfica (sen incisións) inventada por Alois Senefelder a finais do século XVIII, dibúxanse os motivos sobre unha pedra caliza especialmente absorbente, empleando unha tinta gordurosa.

A continuación empléase unha esponxa impregnada en ácido nítrico e goma arábiga. A superfice cúbrese con tinta, que permanecerá soamente nas partes previamente pintadas. O resultado pasa a unha prensa litográfica.

Modernamente, a pedra sustituiuse por unha plancha especial de zinc.

Ademais da sua utilización na estampación de partituras, motivo orixinal da sua invención, o procedemento foi tamén utilizado por diferentes artistas para algunhas das suas obras pictóricas. Un exemplo notable foi Francisco de Goya.
0 Comments



Leave a Reply.

    Author

    Write something about yourself. No need to be fancy, just an overview.

    Archives

    Mayo 2015
    Abril 2015

    Categories

    Todo

    RSS Feed

Powered by Create your own unique website with customizable templates.