Como parte do desenrolo da primeira edición do concurso de audiovisuais "Manuel Balboa", proxectáronse este mércores 3 de Xuño os correspondentes traballos nunha proveitosa sesión de serán.
Unha decea de traballos fixeron da estancia na biblioteca unha experiencia diferente, nesta oportunidade única de manifestar o espíritu creativo a través dunha disciplina distinta, mais non exenta de afinidades.
Tras as correspondentes deliberacións, o tribunal decidiú deixar deserto o premio ao mellor traballo, mentres que o Agasallo Popular foille concedido á curta realizada por Mar Pérez e protagonizada por Elba Souto. Os traballos "Invasión de Playmobiles" e "Rueiros" obtiveron mención especial.
Os films premiados poderán visualizarse nesta páxina en breve.
Dende estas liñas felicitamos aos participantes, e emplazámonos para unha segunda edición desta orixinal iniciativa.