Biblioteca do CMUS Santiago
  • Bitácora
  • Actividades
  • Contacto
  • Libro da semana
  • Grandes Autores
  • Para saber mais

PROXECCIÓN DE CURTAS DO I CONCURSO "MANUEL BALBOA"

4/6/2015

0 Comments

 
Picture
Como parte do desenrolo da primeira edición do concurso de audiovisuais "Manuel Balboa", proxectáronse este mércores 3 de Xuño os correspondentes traballos nunha proveitosa sesión de serán.

Unha decea de traballos fixeron da estancia na biblioteca unha experiencia diferente, nesta oportunidade única de manifestar o espíritu creativo a través dunha disciplina distinta, mais non exenta de afinidades.


Tras as correspondentes deliberacións, o tribunal decidiú deixar deserto o premio ao mellor traballo, mentres que o Agasallo Popular foille concedido á curta realizada por Mar Pérez e protagonizada por Elba Souto. Os traballos "Invasión de Playmobiles" e "Rueiros" obtiveron mención especial.


Os films premiados poderán visualizarse nesta páxina en breve.

Dende estas liñas felicitamos aos participantes, e emplazámonos para unha segunda edición desta orixinal iniciativa.
0 Comments

CHARLA SOBRE RISCOS ASOCIADOS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

16/4/2015

1 Comment

 
Na biblioteca do centro, o 20 de Abril ás 19:15
Picture
Uns dos novos retos aos que se enfronta a sociedade actual é o garantir a seguridade no emerxente panorama tecnolóxico que está a transformar o noso tempo.

Sonia Rama Martínez, delegada de Participación Cidadá da Comisaría Local de Santiago de Compostela, dirixirá unha charla orientada hacia este asunto, que será de especial interés para os pais do alumnado do CMUS.

Aboradaránse aspectos relacionados co manexo e uso das chamadas "TIC", dos servicios coñecidos coma "redes sociais", e das medidas preventivas que se recomenda adoptar.

A duración estimada do evento é de unha hora
1 Comment

CHARLA INFORMATIVA DO MELODIOUS CAMPS

25/3/2015

0 Comments

 
O xoves, 26 de Marzo, as 19:00. Na biblioteca
Imagen
Os campamentos de música na Alemaña son unha excelente oportunidade de aprender o idioma sen deixar de estudar, ao tempo que permite acercarse ao país e profundizar e comprender os seus costumes e modo de vida.

O vindeiro Xoves, día 26 de Marzo, ás 19:00 horas, terá lugar unha charla sobre este asunto, ofrecida por Melodious Camps, organización alemana adicada a esta materia.

Vémonos na Biblioteca do Centro!
0 Comments

BIBLIOTECA SANDRO PENNA

19/3/2015

0 Comments

 
Picture
Pasando por unha das mais modernas do mundo, a biblioteca Sandro Penna, de Perugia (Italia) preséntase nun edificio de aspecto semellante a un pratillo voador.

Inaugúrase no 2004 en honor ao poeta Sandro Penna, puidéndose ler á sua entrada algúns dos poemas e escritos grabados directamente nos seus paneis transparentes.

Precisamente a luz e unha das características sobresaintes deste espectacular edificio.

Ainda que, como sabemos, o importante dunha biblioteca non é a sua construcción, senon o seu contido. E iso sabémolo ben en Santiago...

0 Comments

ROSALIA DE CASTRO HOMENAXEADA EN GOOGLE

26/2/2015

0 Comments

 
Imagen
Rosalía de Castro foi unha das poetas máis internacionais do seu tempo . En pleno século XIX, atreveuse coas demandas sociais utilizando a poesía como medio . Tamén se aventura coa prosa, aínda que a súa figura é mais recoñecida pola súa poesía maxistral, materializada en obras relevantes coma "Cantares Galegos" .

Foi unha proeza no seu tempo atreverse a escribir e publicar na súa lingua materna. Durante a súa carreira literaria , Rosalía de Castro utilizou o castelán e galego para as súas obras.

Google situou na cabeceira do seu buscador un dos seus coñecidos "Doodles" para homenaxear á poetisa galega no 178 aniversario do seu nacemento.
0 Comments

O f.c. barcelona atopa o seu primeiro himno, obra dun galego

5/2/2015

0 Comments

 
Imagen
O clube de fútbol tivera informado recentemente to achádego da partitura do seu primero himno oficial. A peza musical é obra do compositor galego  Xosé Antonio Lodeiro Piñeiros, e a noticia foi o resultado do traballo do Centro de Documentación e Estudos do coñecido club catalán, en colaboración coa peña barcelonista de Mondoñedo.

Xosé Antonio Lodeiro (1868 - 1934) era natural desta población lucense, e compuxo o himno nos anos no tempo en que estivo destinado en Barcelona como músico militar.

Dende eiquí manifestamos o noso desexo impaciente de coñecer o antes posible tan significativa creación.
0 Comments

CAMPAÑA DE reCOLLIDA DE LIBROS E MATERIAL MULTIMEDIA PARA O CONSERVATORIO

22/1/2015

0 Comments

 
Iniciamos unha campaña de recollida de material en bo estado que poida ter proveito para os nosos usuarios. Terá lugar entre os próximos días 26 de Xaneiro e 13 de Febreiro.

Imagen
0 Comments

Inauguramos a nosa bitácora

22/12/2014

0 Comments

 
Imagem
Un longo tempo de espera, pero á fin inauguramos a nosa bitácora. Pretendemos que se converta nunha ferramenta de dinamización da Biblioteca, pero tamén nunha ventá aberta ao mundo. 

A inauguración da nosa bitácora coincide co remate do ano no que o Conservatorio celebrou a súa primeira década de existencia. Foi no ano 2004 cando o centro botaba a andar. Desde aquela, xeracións de composteláns –da cidade e da comarca– pasaron polas súas aulas para recibir ensinanzas de ata dezasete especialidades musicais diferentes.

Ao Conservatorio existen neste curso 2014-2015, 520 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 8 e os 20 anos, aproximadamente, aínda que un certo número de persoas de máis idade –ata os 40 anos– están realizando tamén os estudos correspondentes ás súas respectivas especialidades no centro. Da importancia do Conservatorio como referencia nas ensinanzas musicais dá idea o feito de que, ano tras ano, moitas persoas quedan ás portas do ingreso pola inexistencia de prazas suficientes. Titulados/as no Conservatorio de Santiago están hoxe desenvolvendo a súa faceta profesional por media Europa, onde comparten protagonismo coas elites musicais do continente.

E a Biblioteca desempeña un papel fundamental nas ensinanzas que imparte o centro. Trátase dunha Biblioteca especializada en Música, claro, e de aí a súa importancia como lugar de consulta para os estudosos de dentro e de fóra do Conservatorio. Pero tamén é un lugar de traballo para as horas mortas, sobre todo se se ten en conta que a inmensa maioría dos alumnos e alumnas do CMUS reciben ensinanzas xeralistas noutros centros, e este é un aspecto que a Biblioteca tamén quere coidar, porque os músicos e as músicas do que menos dispoñen é de tempo.

Comezamos neste 22 de decembro a andaina. Oxalá sexa frutífera en verdade, pero só poderá selo coa colaboración de todos e de todas. Adiante!

0 Comments
    Haz clic aquí para modificar.

    CMUS Santiago

    Grazas por contactares coa Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela

    Arquivos

    Junio 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Enero 2015
    Diciembre 2014

    Categorías

    Todo

    RSS Feed

Powered by Create your own unique website with customizable templates.